Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. Avenida do Parque, 10, no concello do Carballiño (expediente IN407A 2012/22-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2. 32069 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. avenida do Parque, 10.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 6 m, con condutor R.H.Z.1., con orixe na L.M.T. ao C.T. Astureses, 23 (32CHX4) e remate na L.M.T. ao C.T. Murcia (32ST92) con entrada e saída no C.T. proxectado non prefabricado avenida do Parque, 10 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 28.457,08 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de maio de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense