Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de abastecemento e saneamento de clave OH.215.975 e dúas máis, cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información:

1) Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copybelén na rúa Rosalía de Castro nº 29-31 (Galerías Belén), Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono 981 59 99 24 e fax 981 59 47 30.

2) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: ampliación da estación de tratamento de auga potable de Teo. Teo (A Coruña).

Número de expediente: OH.215.975.

Orzamento base de licitación: importe neto: 859.632,36 euros. Importe total: 1.014.366,18 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%. Tema prioritario ou Medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control.

Prazo de execución (meses): dez (10).

Clasificación: grupo K, subgrupo 8 e categoría e.

b) Descrición e lugar de execución: saneamento, depuración e mellora do abastecemento no concello de Melón. Melón (Ourense).

Número de expediente: OH.532.760.

Orzamento base de licitación: importe neto: 308.603,35 euros. Importe total: 364.151,95 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%. Tema prioritario ou Medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios.

Prazo de execución (meses): doce (12).

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación desta, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1 e categoría c.

c) Descrición e lugar de execución: mellora do depósito de abastecemento ao Salnés e plan de mantemento. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Número de expediente: OH.236.1046.

Orzamento base de licitación: importe neto: 110.236,50 euros. Importe total: 130.079,07 euros. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80%. Tema prioritario ou Medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.3: medidas e intervencións dirixidas a reducir as perdas na rede.

Prazo de execución (meses): un mes e medio (1,5).

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no número 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación desta, coa achega da clasificación como empresa contratista de obras do grupo C, subgrupo 7 e categoría b.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración se enumeran e detallan coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.

b) Definitiva: 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: a exixida para cada contrato.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: a dita solvencia, no caso do contrato en que é exixible, acreditarase polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e 76.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

Para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a súa solvencia nos termos que se expresan no parágrafo anterior.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 24 de xullo de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme ao disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Dirección, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) A data e a hora: as aperturas en acto público do sobre B o 8 de agosto de 2012 e do sobre C o 24 de agosto de 2012, ás 8.45 horas en ambos os casos.

8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 anterior están cofinanciados polo Feder nun 80%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Medio Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos. Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características de cada contrato.

– Valor estimado de cada contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras: admítense nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que calquera dos actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia