Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de xuño de 2012 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 107 C 2011/70-0.

A instrutora do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/70-0 ditou, o 15 de maio de 2012, proposta de resolución na cal se propón impoñer unha sanción consistente en multa a José Ramón Carid Pérez e Flora Blanco González, como responsables dunha infracción urbanística moi grave, consistente na construción dunha vivenda unifamiliar, no lugar de Ribela, no concello de Coles.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

P.S. (Artigo 3 do Dereto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística