Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25758

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de xefatura de persoal de xestión e servizos vacantes no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Porla Resolución do 21 de marzo de 2012 (DOG nº 76, do 20 de abril), convocáronse para a súa provisión, polo sistema de libre designación, varios postos de xefatura de persoal de xestión e servizos vacantes no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo dos informes das direccións a que figuran adscritos os postos e a que se fai referencia na base quinta.

Esta Xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, así como na Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura de persoal de xestión e servizos vacantes no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, anunciada pola Resolución do 21 de marzo de 2012 (DOG nº 76, do 20 de abril).

Segundo. Nomear nos postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserto o posto de xefe/a de servicio da Área de Mantemento e de Servizos Técnicos.

Cuarto. Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Quinto. A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Xerente de Xestión Integrada.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Sexto. Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao súa publicación.

Ourense, 5 de xuño de 2012

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefa do Servizo de Compras e Subministracións.

Nome e apelidos: María José Gómez González.

DNI: 34995680-F.

Posto: xefa do Servizo de Recursos Humanos-Asesoría Xurídica.

Nome e apelidos: Ana Lorenzo Carballo.

DNI: 34978484-S.