Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25760

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de abril de 2012, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento de obra e servizo determinado, a cobertura dunha praza da categoría de facultativo especialista da Área de Medicina Física e Rehabilitación.

A Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro), pola que se modifica a Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, mediante o nomeamento de obra e servizo determinado, dunha praza da categoría de facultativo especialista da Área de Medicina Física e Rehabilitación.

A citada convocatoria estará exposta no taboleiro de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Departamento de Recursos Humanos do Hospital da Barbanza no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 24 de abril de 2012

Luis González Taboada
Xerente executivo do Hospital da Barbanza