Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións ao programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria, reguladas na Orde do 8 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de maio), relativo ao expediente TR343A 2008/20-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de xuño de 2012

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2008/20-2.

Nome: Villar y Requejo, S.L.

DNI/NIF: B-27352319.

Último enderezo coñecido: Progreso, 21, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a traballadora contratada ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.