Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2012 Páx. 25812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2008/0643-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente nº: RL 2008/0643-4.

Acta nº: I362008000141243.

Empresa: Servicur, Servicios Auxiliares, S.L.

NIF: B15715865.

Enderezo: avda. Almeiras, 23, Culleredo.

Materia: relacións laborais.

Precepto infrinxido: artigo 43 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 8.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 25.5.2012.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivo do expediente.

Fáiselle saber a interesada que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 6 de xuño de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo