Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública.

Marina Varela Rodríguez, en representación de SAT Casa do Pintor, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para reforma e ampliación de corte de gando vacún de leite, que se situará en Cimadevila, A Mota. Cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Guntín, 6 de xuño de 2012

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde