Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación do contrato de mellora da accesibilidade da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.

– Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2) Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. R/ Maestranza, núm. 9-1º andar.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4) Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1118, 1038).

5) Telefax: +34 981 16 70 20.

6) Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.udc.es/contratacionadministrativa

8) Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

* Número de expediente: 2012/3001.

– Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: mellora da accesibilidade da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Fase I.

c) Lugar de execución/entrega: Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.

1) Domicilio: Campus da Zapateira.

2) Localidade e código postal: 15071, A Coruña.

d) Prazo de execución/entrega: tres meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000-2.

– Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Valor estimado do contrato: 408.660,68 euros.

– Orzamento base de licitación:

Importe neto: 408.660,68 euros. Importe total: 482.219,60 euros.

– Garantías exixidas:

Definitiva: 5% de importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 13.30 horas, do décimo terceiro día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en sábado ou día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2) Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

d) A data e a hora:

1) Apertura do sobre B: o cuarto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas. Se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

2) Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e a hora no que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta da empresa adxudicataria.

A Coruña, 20 de xuño de 2012

P.D. (Resolución do 16.1.2012)
Juan M. Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña