Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Illa de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre o acondicionamento de local destinado a café bar.

Neste concello recibiuse solicitude de Ramón Parada Viana para o acondicionamento de local destinado a actividade de café bar, en inmoble sito na avda. da Ponte nº 24, baixo da A Illa de Arousa. En cumprimento do disposto nos artigos 2.1 e 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente exponse ao público por un período de vinte días, contados desde a inserción do presente anuncio no Diario Oficial da Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, para os efectos de presentación de alegacións ou reclamacións.

A Illa de Arousa, 24 de abril de 2012

José Manuel Vázquez Vázquez
Alcalde