Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2012 Páx. 25677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xermade

ANUNCIO de información pública para construción de esterqueira e instalación de fosa séptica.

María Dolores Corral Hermida solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a construción de esterqueira e instalación de foxa séptica, que se situará no Vieiro, Lousada. De acordo co artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Xermade, 29 de maio de 2012

Tomás Rodríguez Arias
Alcalde