Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 11 de xuño de 2012 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente IN421F/10R06927 e outro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados indicados no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN421F/10R06927.

Interesado: José Luis Varela Fernández.

Acto que se notifica: resolución de minoración.

Expediente: IN421D/10R05994.

Interesado: Juan Ramón Couselo Fariña.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.