Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de xuño de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente de subvencións instruído (O-CSHR-00060/09).

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 6 de xuño de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O-CSHR-00060/09.

Responsable: Francisco Rodríguez Vázquez.

Enderezo: estrada de Madrid, número 36-4º esquerda, 28620 Aldea del Fresno (Madrid).

Resolución que se notifica: concesión da subvención para a rehabilitación e renovación da calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia que xa están en posesión da cédula de rehabilitación de calidade.