Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 6 de xuño de 2012, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento aos debedores que se relacionan (expediente C-82/030, conta 183 e cinco máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, en relación coa Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia, notifícaselles aos interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por todos os medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ao corrente das súas obrigas, ou se presenten na xefatura provincial en trámite de audiencia para os efectos de presentar os documentos e xustificacións que estimen convenientes ao seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos, que se acordará no expediente de desafiuzamento ou de ser o caso, execución hipotecaria, iniciado co presente documento, e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 6 de xuño de 2012

Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

José Manuel Barbeito Galmán, Mª Esther Foga Naya e herdeiros.

Expte. C-82/030 (F.P. 31/11).

Conta: 183.

Rafael Alberti, nº 2, P-2, 2º A (A Coruña).

Importe da débeda: 2.058,24 €.

Carmen Simil Senye, José Pérez Alvárez e herdeiros.

Expte. C-87/504 (F.P. 40/12).

Conta: 58.

Avda. Vilaboa, 131, P-3, 1º D (edif. A M Fernández) (Culleredo).

Importe da débeda: 20.453,43 €.

Mª Carmen Feal Cancela, Juan Fernández Rodríguez e herdeiros.

Expte. C-91/010 (F.P. 45/12).

Conta: 2.

Rúa do Castro, 5, bloque 1, P-1, 1º B (Fene).

Importe da débeda: 33.099,93 €.

Josefa Piñeiro Rodríguez e herdeiros.

Expte. C-92/502 (F.P. 48/12).

Conta: 1.

Travesía de Pastoriza, 163 baixo (Arteixo).

Importe da débeda: 28.084,64 €.

José Andrés Seoane Brañas, Concepción Pazos Concha e herdeiros.

Expte. C-92/502 (F.P. 52/129).

Conta: 28.

Travesía de Pastoriza, 153-2º D (Arteixo).

Importe da débeda: 31.129,94 €.

Mª Jesús Núñez Lourido, Rachid Errerhrhay Bent Tahar e herdeiros.

Expte. C-2-CD/68 (F.P. 58/12).

Conta. 545.

R/ Alcalde Quintanilla Martínez, s/n, edif. 7, nº 7-5º B I (Ferrol).

Importe da débeda: 4.892,04 €.