Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25362

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de información pública sobre o desenvolvemento da actividade de taller de pneumáticos na Vila.

Excavaciones Condado, S.L., solicitou a licenza para o desenvolvemento da actividade de taller de pneumáticos no lugar da Vila-Arbo. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa pubicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, para que poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Arbo, 22 de maio de 2012

Xavier Simón Fernández
Alcalde