Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de plans especiais.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 27 de abril de 2012, aprobou someter a información pública a aprobación inicial do Plan especial para equipamento sanitario-asistencial (residencia terceira idade) no lugar de Arbo, e do Plan especial para dotacións de equipamento relixioso (capela e locais sociais) no lugar de Barcela.

O devandito acordo exponse ao público polo prazo de 30 días hábiles, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia, para que calquera persoa poida examinalo, na Secretaría do concello, e formular as alegacións que xulgue pertinentes. De non formularse alegación, considerarase definitivo o acordo adoptado.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei reguladora das bases do réxime local.

Arbo, 30 de abril de 2012

Xavier Simón Fernández
Alcalde