José Benito Pérez Bello solicitou licenza de construción dun aloxamento cabrún en Tixos (Baltar), situado no predio nº 70 do polígono 502, sometida a avaliación de incidencia ambiental e neste concello tramítase o oportuno expediente.
Exponse ao público este edicto durante o prazo de 20 días hábiles, que se empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as alegacións ou observacións que consideren oportunas.
Baltar, 31 de maio de 2012
José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde