Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25153

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se ratifica o acordo de extinción das fundacións para o desenvolvemento das comarcas e se promove a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Examinados os expedientes de extinción e liquidación das fundacións para o desenvolvemento comarcal presentados ante este protectorado de fundacións, e conforme os seguintes antecedentes e consideracións legais e técnicas, antecedentes:

1. Con datas do 14, 18, 19 e 20 de xuño de 2012 tiveron entrada nesta secretaría xeral técnica escritos do director xeral de Desenvolvemento Rural polos que se remiten as escrituras notariais de elevación a público dos acordos sociais de extinción das fundacións para o desenvolvemento das comarcas, conforme o previsto no Acordo do Consello da Xunta do 13 de xaneiro de 2011.

2. As fundacións para o desenvolvemento das comarcas que se citan foron constituídas en escritura pública outorgadas polas notarías e nas datas que se indican a seguir. Tamén foron clasificadas como mixtas e declaradas de interese galego segundo as datas de publicación no Diario Oficial de Galicia que se sinalan:

Comarca

Notaría

Lugar

constitución

Data

constitución

protocolo

Publicación clasificación

Publicación declaración interese galego

Muros

Constantino Castellano Collados

Muros

3.2.1999

137

23.4.1999

10.5.1999

Noia

José Manuel Amigo Vázquez

Noia

3.2.1999

263

22.4.1999

7.5.1999

Terra

deTrives

Fernando Gutiérrez Valdenebro

A Pobra de Trives

23.12.1994

421

6.2.1995

30.3.1995

Arzúa

Francisco López Moledo

Arzúa

19.12.1994

1.360

2.2.1995

21.2.1995

Ortegal

Inmaculada Espiñeira Soto

Ortigueira

25.11.1994

510

21.12.1994

31.3.1995

Santiago

Manuel Peregil Cambón

Santiago de Compostela

30.7.2001

1.621

7.9.2001

14.9.2001

Eume

Isidoro Antonio Calvo Vidal

Pontedeume

31.7.2001

1.028

7.9.2001

14.9.2001

Verín

Alfonso Castro Lago

Verín

9.2.1999

177

22.4.1999

7.5.1999

Betanzos

Luis Gómez Varela

Betanzos

10.11.2000

3.622

9.4.2001

17.4.2001

Terra de Caldelas

María Teresa Sanahuja Cambra

Castro Caldelas

9.2.1999

52

21.4.1999

10.5.1999

Ordes

Jesús María Rodríguez Vázquez

Ordes

19.12.1994

1.277

6.2.1995

31.3.1995

Terra Chá

Juan Cora Guerreiro

Vilalba

24.11.1994

1.655

21.12.1994

13.1.1995

A Ulloa

Mariano Pablo Melendo Martínez

Palas de Rei

24.11.1994

197

21.12.1994

13.1.1995

A

Fonsagrada

José Antonio Aparicio Colomer

Ribadavia

28.11.1994

446

21.12.1994

13.1.1995

Terra de

Celanova

Francisco Javier de las Fuentes Abad

Celanova

30.11.1994

664

21.12.1994

13.1.1995

O Ribeiro

Francisco León Gómez

Ribadavia

30.11.1994

1.029

21.12.1994

6.2.1995

Deza

Victorino Gutiérrez Aller

Lalín

2.12.1994

1.769

2.2.1995

24.2.1995

Terra de Lemos

María José Rodríguez Tourón

Monforte de Lemos

7.12.1994

988

2.2.1995

22.2.1995

Valdeorras

José Guillermo Rodrigo Rodicio

O Barco de Valdeorras

7.12.1994

1.840

1.2.1995

1.3.1995

O Salnés

José Ángel Dopico Álvarez

Cambados

9.12.1994

2.587

1.2.1995

21.2.1995

O Baixo Miño

María Ángeles Otero Seivane

Tui

9.12.1994

1.523

6.2.1995

30.3.1995

O

Carballiño

César M. Fernández-Casqueiro Domínguez

O Carballiño

14.12.1994

309

2.2.1995

24.2.1995

Os Ancares

José Ramón Barrasa Rivera

Becerreá

15.12.1994

597

1.2.1995

22.2.1995

Bergantiños

Alberto Goday Portals

Carballo

16.12.1994

2.364

1.2.1995

1.3.1995

Melide

María del Carmen Carreira Simón

Melide

19.12.1994

1.246

1.2.1995

28.2.1995

A

Paradanta

Isabel Fiteira García

A Cañiza

22.12.1994

484

2.2.1995

28.2.2005

Tabeirós-Terra de Montes

Nelson Rodicio Rodicio

A Estrada

23.12.1994

1.947

2.2.1995

24.2.1995

A Mariña Occidental

Luis Muíño Fidalgo

Viveiro

1.2.1999

102

20.4.1999

10.5.1999

Caldas

Carmen Alicia Calaza López

Caldas de Reis

2.2.1999

149

22.4.1999

7.5.1999

Chantada

Daniel Balboa Fernández

Chantada

5.4.2000

463

4.8.2000

27.10.2000

O Morrazo

María Ángeles Otero Seivane

Cangas

6.11.2000

1.856

9.4.2001

17.4.2001

A Mariña Central

Francisco Manuel Mariño Pardo

Mondoñedo

10.11.2000

1.173

9.4.2001

(Corrección erros 17.4.2001)

17.4.2001

A Mariña Oriental

María del Rocío de la Hera Ortega

Ribadeo

30.7.2001

53

7.9.2001

14.9.2001

As referidas fundacións foron constituídas para pór en marcha accións xenéricas enunciadas no Plan de Desenvolvemento Comarcal, deseñar programas, solicitar a súa implementación aos organismos correspondentes e animar e incentivar a participación dos sectores e axentes económicos e sociais a que vai dirixido, así como acometer actuacións, programas e accións e proxectos que contribúan e incidan no desenvolvemento territorial, económico e social da comarca.

3. En cumprimento do disposto no artigo 114 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e pola condición das ditas fundacións como fundacións pertencentes ao sector público, a extinción delas foi autorizada polo Consello da Xunta na súa reunión do día 13 de xaneiro de dous mil once.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Esta consellería é competente para coñecer este expediente en uso das facultades que lle confire o artigo 44.3 da Lei 12/2006, do 1 decembro, de interese galego, en relación co disposto no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e no Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria e conforme o previsto na Orde do 30 de marzo de 2012, de delegación de competencias no secretario xeral técnico, secretarios xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O artigo 16.tres da Lei 15/2010, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, autoriza o Consello da Xunta para extinguir as fundacións para o desenvolvemento das comarcas por imposibilidade de realizar o fin fundacional. O mesmo artigo dispón que o acordo do Consello da Xunta polo que se autorice a extinción determinará a apertura do procedemento de liquidación, conforme o previsto no artigo 46 da Lei 12/2006.

Así mesmo, indica que tras o remate das operacións de liquidación e previamente á inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, o protectorado ratificará o acordo de extinción das anteditas fundacións.

De conformidade co disposto no artigo 44.6 da citada Lei 12/2006, o acordo de extinción inscribirase no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Terceiro. Con datas do 14, 18, 19 e 20 de xuño de 2012, as anteditas fundacións achegan escrituras públicas formalizadas os días 11, 14, 18, 19 e 20 de xuño de 2012, ante o notario de Santiago de Compostela, José Manuel Amigo Vázquez, nas cales se recolle o contido das actas das sesións dos padroados nas cales se aproba a liquidación, documentación acreditativa da adxudicación do haber resultante, así como documentos contables referidos aos peches das contabilidades.

Cuarto. De conformidade co artigo 46.4 da Lei 12/2006, aprobadas as actuacións de liquidación das fundacións e adxudicado o haber resultante, estas actuacións serán comunicadas ao protectorado, que verificará as cancelacións e promoverá as inscricións que procedan, entre elas a extinción da fundación, no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Quinto. Conforme o disposto no artigo 50.8 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, do Regulamento de Fundacións de Interese Galego, «realizada de conformidade a liquidación e a adxudicación do haber resultante desta, o Protectorado promoverá a súa inscrición, así como a da extinción da fundación e a correspondente dilixencia de peche da folla do Rexistro de Fundacións de Interese Galego».

O artigo 39.4 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, establece que, inscrita a extinción e posterior liquidación, se cancelarán de oficio os asentos da fundación extinguida.

Polo exposto, á vista da documentación presentada e da normativa de aplicación, este protectorado

RESOLVE:

1. Ratificar os acordos de extinción aprobados polos padroados das fundacións para o desenvolvemento das comarcas de Muros, Noia, Terra de Trives, Arzúa, Ortegal, Santiago, Eume, Verín, Betanzos, Terra de Caldelas, Ordes, Terra Chá, A Ulloa, A Fonsagrada, Terra de Celanova, O Ribeiro, Deza, Terra de Lemos, Valdeorras, O Salnés, O Baixo Miño, O Carballiño, Os Ancares, Bergantiños, Melide, A Paradanta, Tabeirós-Terra de Montes, A Mariña Occidental, Caldas, Chantada, O Morrazo, A Mariña Central e A Mariña Oriental, autorizados polo Consello da Xunta do día 13 de xaneiro de 2011.

2. Ordenar a inscrición do acordo no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería do Medio Rural e do Mar.

3. Inscribir no Rexistro de Fundacións de Interese Galego a extinción das fundacións para o desenvolvemento das anteditas comarcas e dilixenciar de baixa a fundación no rexistro.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a notificación, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a notificación, ou de tres meses a partir do día seguinte ao acto presunto, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar