Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25139

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 11 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN225A-presentación electrónica).

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 15 de xuño de 2012, cómpre realizar a seguinte corrección:

– Na páxina 23501, artigo 12.3.e), primeira liña, onde di: «e) Formación: un máximo de 5 puntos conforme o seguinte baremo:» debe dicir: «e) Formación: un máximo de 7 puntos conforme o seguinte baremo:».

Esta corrección de erros non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 11 de xuño de 2012.