Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25135

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva do expediente de delimitación do núcleo rural de Rioxoán, parroquia de Valonga, concello de Pol (Lugo) (expediente PTU-LU-10/003).

I. Antecedentes.

O Concello de Pol remite o presente expediente de delimitación, para os efectos de obter a súa aprobación definitiva, conforme a disposición adicional segunda 2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O Concello de Pol dispón, como único instrumento urbanístico, dun proxecto de delimitación de solo urbano aprobado o 1.7.1980, e fóra deste réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial (disp. transª. 1ª.1, letras e) e f), e disp. derrogatoria da LOUG).

O proxecto de delimitación, subscrito polo arquitecto Mario Iglesias e polo enxeñeiro agrónomo Rubén Cobas -da consultora Monsa, S.L. en novembro de 2011, está integrado por memoria –descritiva e determinativa– e planos.

Respecto da tramitación administrativa, cabe sinalar:

Cumpriuse co trámite de información pública mediante anuncios no DOG do 26.10.2009 e nos xornais El Progreso (3.11.2009) e La Voz de Galicia (1.11.2009) de Lugo. Consta certificación da secretaria municipal do 27.11.2009 (ampliada por certificación do 9.12.2011) sobre a exposición pública do proxecto. Presentaron alegacións Aniceto Teijeiro Rielo, Baldomero Rancaño Irimia e María Dolores de Simón y Rúa.

Consta acordo de aprobación provisional da devandita delimitación adoptado polo Concello Pleno na súa sesión do 30 de decembro de 2009.

Despois de requirimento do 23.2.2012, o Concello enviou tres exemplares do proxecto técnico definitivo, coa dilixencia de ser aprobados provisionalmente en sesión de 7.3.2012, no cal se recollen parcialmente os aspectos reclamados polos alegantes.

Constan informes favorables da:

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 8.6.2010.

• Dirección Xeral de Infraestruturas da CMATI do 26.11.2010.

• Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), do 2.5.2011.

• Deputación Provincial de Lugo do 26.7.2011.

Segundo o indicado, constátase que o expediente cumpre, respecto da documentación e tramitación administrativa, as determinacións da disposición adicional segunda da LOUG.

II. Análise e consideracións.

Rioxoán ten topónimo recoñecido no Nomenclátor de entidades de poboación da provincia de Lugo (Decreto 6/2000), así como no censo de poboación e vivendas do Instituto Nacional de Estatística (2001).

Trátase do segundo núcleo do concello en número de vivendas, tras a capitalidade municipal.

O proxecto delimita dúas circunscricións ou enclaves diferenciados, separados polo río do Batán, cunha superficie bruta total aproximada de 1,32 ha na circunscrición norte e 9,58 ha na circunscrición centro-sur.

Dentro dos terreos delimitados identifícanse varios destinados a dotacións: como espazo libre, unha área recreativa existente no centro do núcleo, e como equipamento, a parcela en que se asentan un edificio social e a capela de Santa Petronila.

O proxecto xustifica o requisito legal de consolidación edificatoria mediante comparación da superficie edificada coa máxima edificable consonte a ordenación de referencia (índice de edificabilidade establecido no artigo 23.4.e) das NCSPP).

Así mesmo, seguindo o método gráfico proposto na Instrución 4/2001 da CMATI (DOG 11.5.2011), compróbase que en ambos os enclaves o número de parcelas edificadas é superior á metade do número potencial de parcelas que se poderían constituír mediante operacións de parcelamento (segregacións e divisións que cumpriran a superficie mínima de parcela establecida no artigo 23.4.a) das NCSPP, así como a maior superficie que en cada parcela puidera estar vinculada ás edificacións existentes por razóns de ocupación ou edificabilidade –artigos 205 da LOUG e 17.2 do R.D.L. 2/2008) obtense unha relación de 7 parcelas edificadas fronte a 12 edificables no enclave norte (grao de consolidación do 58,33%) e de 47 parcelas edificadas fronte a 87 edificables no enclave centro-sur (grao de consolidación 54,02%).

Os terreos cumpren o requisito de distancia máxima de 50 metros establecido no artigo 13.3 da LOUG e sométense ás condicións urbanísticas establecidas polas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial aprobadas o 3.4.1991.

III. Resolución.

Visto canto antecede, e de acordo coa proposta elevada pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resólvese aprobar definitivamente a delimitación do núcleo rural complexo de Rioxoán, situado na parroquia de Valonga, do concello de Pol (Lugo).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a CMATI, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que estimen procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). Se o interesado é unha Administración pública non caberá interpoñer recurso en vía administrativa, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, de ser o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigo 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file