Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 361/2010 por instancia de José Manuel Franqueira Prieto contra a empresa Lume, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 30.5.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:
«Resolución.
Acéptase a demanda interposta por José Manuel Franqueira Prieto fronte a Lume, S.L. e, en consecuencia:
– Condénase a empresa Lume, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de tres mil setenta euros con vinte céntimos (3.070,20 euros).
Notifíqueselles a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Lume, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 4 de xuño de 2012
A secretaria xudicial