Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (366/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 366/2012 por instancia de Félix Barreiro Gesto contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza con data do 30.5.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución.

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Félix Barreiro Gesto fronte a Pavimentos Compavi, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Pavimentos Compavi, S.L., ao demandante, Félix Barreiro Gesto.

– Condénase a Pavimentos Compavi, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 4.127,28 euros, determinando o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 4.776,11 euros, aos cales haberán de engadirse os que se perciban ata a súa notificación a razón de 46,37 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pavimentos Compavi, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2012

A secretaria xudicial