Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24989

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4625/2008 CRS).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 4625/2008 CRS.

Materia: outros dereitos de Seguridade Social.

Recorrentes: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo. Licenciado Monteoliva.

Recorridos:

– Instituto Nacional da Seguridade Social.

– Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Tejotrans Vilalba, S.L. (notificar por BOP).

– Fogasa.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Demanda: 175/2008.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións número 4625/2008-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 175/2008 do Xulgado do Social número 3 de Lugo, promovidos por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Tejotrans Vilalba, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Fogasa, sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data quince de maio de dous mil doce, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza de data dez de xullo do ano dous mil oito ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo en proceso promovido pola demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Tejotrans Vilalba, S.L. e outros e, en tal sentido, debemos revogar e revogamos en parte os pronunciamentos que a decisión impugnado contén e desestimando a prescrición invocada polo INSS estimamos integramente a demanda reitora de autos condenando a citada empresa a aboarlle á Mutua Gallega a cantidade total de 2.162,45 euros de cuxo pagamento responden subsidiariamente o INSS e a TXSS como sucesores do antigo Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo en caso de insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte Tejotrans Vilalba, S.L. que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Tejotrans Vilalba, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Galicia 54, 27800 Vilalba, Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial