Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica modificado ao proxecto da subestación Ribadeo 132/20 kV (sistema de 132 kV) no termo municipal de Ribadeo (expediente 036/2008 A.T.).

O día 2 de maio de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución do Modificado ao proxecto da subestación Ribadeo 132/20 kV (sistema de 132 kV) (DOG do 16.5.2012) que afecta o concello de Ribadeo, na provincia de Lugo.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo á presente resolución e que se publica tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo, deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 25 de marzo de 2009, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 21 de marzo de 2009 e no Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo de 2009, para que comparezan no concello sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese efectuar, e así entender as dilixencias co Ministerio Fiscal, segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 30 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Pol. nº

Parc.nº

Nome e apelidos

Enderezo

Superficie afectada m2

1

26

497

Os Chaos

C.M.V.M.C. Os Chaos (Piñeira)

Pte.: Domingo Soto Fernández

Piñeira, s/n,

27710 Ribadeo

(Lugo)

Eucalipto

11.883