Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/122-2, 7958 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Inversiones Abuín 2, S.L.

Domicilio social: avda. Meridiana, 350, 4T, Barcelona.

Denominación: modificado distribución eléctrica interior na urbanización Sector Norte H Polígono 1.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

L.M.T. soterrada a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha liña procedente da subestación de Lamas de Prado no límite interior da urbanización, entra e sae no C.T.1, entra e sae no C.T.2, entra e sae no C.T.3, entra e sae no C.T.4 e remata noutra liña procedente da subestación de Lamas de Prado no límite da urbanización, cunha lonxitude de 950 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

L.M.T. soterrada a 20 kV en canalización proxectada, con orixe nunha cela de interruptor automático do C.T.1 e final nunha cela do C.T. MALL, cunha lonxitude de 15 metros en condutor R.H.Z.-240.

C.T.1 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas, dúas celas de protección de trafo, dúas celas de interruptor automático e tres celas con fusibles, cunha potencia proxectada de 2x630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

C.T.2 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e dúas celas de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 2x630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

C.T.3 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

C.T.4 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha cela de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

C.T. MALL en edificio non prefabricado, no cal se instala unha cela de medida e unha cela de interruptor automático, cunha potencia proxectada de 1.600 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

R.B.T. con orixe nas pontes do C.T. 1 e final no cadro de B.T. formado por dous condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240.

R.B.T. con orixe nas pontes do C.T.2 e final no cadro de B.T. formado por tres condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240.

R.B.T. en canalización proxectada con orixe nas pontes do C.T.3 e final no cadro de B.T. formado por tres condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 30 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-6, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240 +150 de 80 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-7, unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-240+150 de 240 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-4 e unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-95+50 de 20 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-5.

R.B.T. en canalización proxectada con orixe nas pontes do C.T. 3 e final no cadro de B.T. formado por tres condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 72 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-3, portal 1, unha liña de 2 circuítos en condutor tipo R.V.-240+150 de 200 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-3, portal 2, unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-150+95 de 290 metros de lonxitude para alimentar a parcela P1-1 e P1-2, dotacionais e unha liña de 1 circuíto en condutor tipo R.V.-150 + 95 de 345 metros de lonxitude para alimentar as parcelas P1-9 e P1-10 dotacionais.

R.B.T. con orixe nas pontes do C.T. MALL e final no cadro de B.T. formado por catro condutores por fase e dous condutores para o neutro, en condutor tipo R.V.-240.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 31 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo