Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/36-2, 8005 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T.S., C.T. edificio República Argentina, 8.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

L.M.T.S. a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar entre o C.D. A. Olga 11 e o C.D. Santiago 118 o C.T. proxectado no edificio avda. República Argentina 8, cunha lonxitude de 490 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

C.T. avda. República Argentina, 8 en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, potencia proxectada 630 kVA, potencia inicial 400 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

R.B.T. con orixe no C.T. proxectado e final na B.T.V. do edificio, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo R.V.-240 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo