Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de legalización de actividade e construción de almacén, balsa de xurro e alpendre para gando vacún no Rial.

Ferreiro Rial, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de legalización de actividade e construción de almacén, balsa de xurro e alpendre para gando vacún, que se situará no Rial (polígono 15 parcela 6). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Antas de Ulla, 29 de maio de 2012

Javier Varela Pérez
Alcalde