Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración correspondente ao expediente 13/12 para o sistema de análise xenómica: plataforma de análise xenética e xenómica funcional.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais do Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: 17.7.2012.

d) Número de expediente: 13/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: sistema de análise xenómica: plataforma de análise xenética e xenómica funcional.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 45 días.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 38000000-5 e CPA: 32.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1) Prezo: 40 puntos.

2) Calidade do equipo ofertado: 50 puntos.

3) Garantía adicional: 5 puntos.

4) Prazo de entrega: 5 puntos. De acordo co establecido na folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 556.200 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 556.200 €+100.116 € de IVE para soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 24.7.2012.

b) Modalidade de presentación: papel 3 sobres A, B y C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Enderezo: edificio da Xerencia, servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C, na sala de xuntas do edificio da Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente 2.000 euros.

11. Outras informacións: UNVIO08-1E-002. Axuda de infraestrutura Feder. Data límite para executar a aplicación dos fondos 31.12.2012.

Vigo, 13 de xuño de 2012

P.D. (Resolución 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo