1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-12/2012.
2. Obxecto do contrato: subministración de gas para determinadas instalacións deportivas municipais.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.
4. Orzamento base de licitación: 479.660,60 € anuais, IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 3 de xullo de 2012, ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: publicarase o lugar, a data e a hora no taboleiro de anuncios de contratación e/ou «perfil do contratante».
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 30 de maio de 2012
Rosa Mª Gallego Neira
Tte. de alcalde de Contratación