Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24802

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo (PE-3).

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria do 28 de maio de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. A aprobación inicial do Plan especial no ámbito da Universidade Laboral do Burgo (PE-3).

2. Sometelo ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

3. Simultaneamente, notificar individualmente todas as persoas propietarias dos terreos afectados.

Durante o prazo indicado, contado desde a última publicación que se realice, poderá ser examinado o documento e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 4 de xuño de 2012

P.D. (Resolución 22.6.2011, BOP nº 131, do 11 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo