De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notificaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.
Os/as interesados/das dispoñen dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentaren ante a xefatura comarcal as alegacións que xulguen pertinentes.
Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos/das interesados/das na Xefatura Comarcal de Ferrol; praza Camilo José Cela, s/n, 6º andar, 15403 Ferrol.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000013-1.
Denunciada: Ana Conchado Gabarris.
DNI: 76905619-J.
Enderezo: Campamento Freixeiro, km 11, Narón.
Nº de expediente: PESAN1 2012/000016-1.
Denunciado: Miguel Ángel Camacho Barrul.
DNI: 32664421-M.
Enderezo: estrada de Freixeiro, nº 11, Narón.
Ferrol, 7 de xuño de 2012
David Escudero Dans
Xefe comarcal de Ferrol