Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións e disolucións de diversas sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas e disoltas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Gaigo, SAT nº 1074 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xaneiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta da nova socia Yolanda Penelas Teijeiro, que achega ao capital social un importe de 60,11 €, de forma que o capital queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

José Luis Gómez Gayoso

700 títulos

42.077,00 € de capital social

Antonio Gómez Gómez

700 títulos

42.077,00 € de capital social

Carmen Gayoso Díez

350 títulos

21.038,50 € de capital social

Mª Carmen Gómez Ares

350 títulos

21.038,50 € de capital social

Mª Yolanda Penelas Teijeiro

1 título

60,11 € de capital social

2. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 126.291,11 € e estará representado por 2.101 títulos nominativos de 60,11 € cada un deles».

3. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan cinco socios os que constitúan a Xunta Reitora.

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Luis Gómez Gayoso, presidente; Antonio Gómez Gómez, secretario; Mª Carmen Gómez Ares, Carmen Gayoso Díez e Yolanda Penelas Teijeiro, como vogais.

b) A sociedade agraria de transformación Regueiro Branco, SAT nº 1390 XUGA, na asemblea xeral do 16 de decembro de 2011, que ratifica a do 20 de xaneiro de 2010 e a do 8 de marzo de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación do capital por importe de 280.200,00 €, representados por 2.802 títulos, de forma que o capital pasa a ser de 531.200,00 €, distribuído entre os socios da seguinte maneira:

Álvaro Sánchez Pernas

1.083 títulos

108.300,00 € de capital social

Manuel López García

1.083 títulos

108.300,00 € de capital social

José María Villasenín Aparicio

541 títulos

54.100,00 € de capital social

José Martín García Berdomás

541 títulos

54.100,00 € de capital social

María Carmen Sánchez Manteiga

541 títulos

54.100,00 € de capital social

María Jesús García Berdomás

541 títulos

54.100,00 € de capital social

Juan Carlos Suárez García

491 títulos

49.100,00 € de capital social

María Jesús Uzal Gómez

491 títulos

49.100,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 531.200,00 € e estará representado por 5.312 xustificantes nominativos de 100,00 € cada un deles».

3. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José María Villasenín Aparicio, presidente; Álvaro Sánchez Pernas, secretario; José Martín García Berdomás, tesoureiro; María Carmen Sánchez Manteiga, María Jesús García Berdomás, Manuel López García, Juan Carlos Suárez García e María Jesús Uzal Gómez, como vogais.

4. Aprobar a baixa de Juan Carlos Suárez García e María Jesús Uzal Gómez, que transmiten os títulos que teñen entre o resto de socios, quedando distribuído o capital social da sociedade, da seguinte forma:

Álvaro Sánchez Pernas

1.328 títulos

132.800,00 € de capital social

Manuel López García

1.328 títulos

132.800,00 € de capital social

José María Villasenín Aparicio

664 títulos

66.400,00 € de capital social

José Martín García Berdomás

664 títulos

66.400,00 € de capital social

María Carmen Sánchez Manteiga

664 títulos

66.400,00 € de capital social

María Jesús García Berdomás

664 títulos

66.400,00 € de capital social

5. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan seis socios os que constitúan a Xunta Reitora.

6. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José María Villasenín Aparicio, presidente; Álvaro Sánchez Pernas, secretario; José Martín García Berdomás, tesoureiro; María Carmen Sánchez Manteiga, María Jesús García Berdomás, e Manuel López García, como vogais.

c) A sociedade agraria de transformación O Naranxal, SAT nº 1047 XUGA, na asemblea xeral do 26 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular o primeiro acordo tomado na acta da asemblea do 25 de novembro de 2011.

2. Anular os acordos tomados na acta da asemblea do 21 de febreiro de 2012.

3. Aprobar a baixa da socia, Virtudes Pérez Portos, que transmite os 870 títulos que tiña á nova socia Lucía Villasenín Pérez, o que non supón variación do capital social, que ascende a 156.887,10 €, representado por 2.610 títulos de 60,11 €.

Como consecuencia da transmisión de títulos aprobada no anterior punto, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Villasenín Villaverde

870 títulos

52.295,70 € de capital social

Lucía Villasenín Pérez

870 títulos

52.295,70 € de capital social

Manuel Villasenín Pérez

870 títulos

52.295,70 € de capital social

4. Aprobar a elección da nova Xunta Reitora, que pasa a estar composta por: Manuel Villasenín Villaverde, presidente; Lucía Villasenín Pérez, secretaria e Manuel Villasenín Pérez, como vogal.

d) A sociedade agraria de transformación Agroba Ulloa, SAT nº 1407 XUGA, na asemblea xeral do 31 de decembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Ampliar o capital social por importe de 91.560,00 €, pasando este a ser de 91.860,00 €, representado por 9.186 títulos de 100,00 €, cada un deles e distribuídos entre os socios da seguinte forma:

Marcos Pérez Souto

3.062 títulos

30.620,00 € de capital social

José Luis Amor Pérez

3.062 títulos

30.620,00 € de capital social

Celsa Souto García

3.062 títulos

30.620,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 91.860,00 € e estará representado por 9.186 títulos nominativos de 100,00 € cada un deles».

e) A sociedade agraria de transformación Enxido, SAT nº 754 XUGA, na asemblea xeral do 1 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Anular os acordos tomados na acta do 1 de febreiro de 2012.

2. Aprobar a ampliación do capital que realiza o socio Javier González Iglesias por importe de 200,00 €.

3. Aprobar a transmisión de títulos que realizan Josefa Iglesias Pereiras, Pedro González Moreira e Manuel González Iglesias a Javier González Iglesias, que recibe destes socios un total de 63 títulos.

Como consecuencia da ampliación do capital e transmisión de títulos dos puntos anteriores, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Josefa Iglesias Pereiras

266 títulos

26.600,00 € de capital social

Pedro González Moreira

266 títulos

26.600,00 € de capital social

Manuel González Iglesias

266 títulos

26.600,00 € de capital social

Javier González Iglesias

266 títulos

26.600,00 € de capital social

4. Modificar o artigo 2 do estatuto, que queda redactado como segue: «O capital social cífrase en 106.400,00 € e estará representado por 1.064 títulos nominativos de 100,00 € cada un deles».

f) A sociedade agraria de transformación Xerlea, SAT nº 1083 XUGA, na asemblea xeral do 20 de marzo de 2012, que ratifica a do 12 de febreiro de 2008, mediante escritura notarial da mesma data, que eleva a públicos os ditos acordos e a do 20 de xaneiro de 2012.

1. Modificar o artigo 5 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que o prazo máximo de liquidación por baixa dun socio pasa de seis a dezasete anos, sen prexuízo de que a asemblea que acorde o cesamento, poida fixar outro inferior.

2. Rectificar na escritura pública do 12 de febreiro de 2008, o valor do título que é de 60,11 € cada un deles.

3. Aprobar a baixa de María Luisa Rodríguez Anllo e Clara Rodríguez López que transmiten os seus títulos entre o resto dos socios, co cal a distribución do capital queda da seguinte forma:

José Fernández Blanco

1.830 títulos

110.001,30 € de capital social

María Fé Rego Fernández

630 títulos

37.869,30 € de capital social

María Dolores Pérez Verdes

1.830 títulos

110.001,30 € de capital social

Manuel Vigo Díaz

630 títulos

37.869,30 € de capital social

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que pasen a ser catro socios os que constitúan a Xunta Reitora.

5. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Fernández Blanco, presidente; María Dolores Pérez Verdes, secretaria; Manuel Vigo Díaz e María Fé Rego Fernández, como vogais.

g) A sociedade agraria de transformación Granxa San José, SAT nº 785 XUGA, na asemblea xeral do 15 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Áurea Amelia Areas Alvarellos, presidenta; José Villar Lema, secretario e María Alvarellos Martínez, como vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Seixas, SAT nº 1241 XUGA, na asemblea xeral do 23 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a ampliación do capital social en 199.810,00 €, representado por 19.981 títulos, polo cal a sociedade pasa a ter un capital social total de 330.240,00 €, que se distribúen entre os socios da seguinte forma:

Noelia García Santoalla

11.000 títulos

110.000,00 € de capital social

Manuel Arias Rodríguez

11.000 títulos

110.000,00 € de capital social

Javier López García

11.000 títulos

110.000,00 € de capital social

Julia García García

12 títulos

120,00 € de capital social

María Áurea Rodríguez Pérez

12 títulos

120,00 € de capital social

Na acta da asemblea do 16 de abril de 2012, a sociedade toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Arias Rodríguez, presidente; Noelia García Santoalla, secretaria; María Áurea Rodríguez Pérez, tesoureira; Julia García García e Javier López García, como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Cubela, SAT nº 1343 XUGA, na asemblea xeral do 15 de abril de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: María Teresa Quintans Paredes, presidenta; Manuel Calvelo Noya, secretario e Mariano Calvelo Noya, como vogal.

j) A sociedade agraria de transformación Gomelle, SAT nº 494 XUGA, na asemblea xeral do 30 de abril de 2012 que ratifica a do 9 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria da socia Ana Álvarez Basadre, e practicar a liquidación da súa participación na sociedade, que corresponderá coa devolución total da achega ao capital social por importe de 33.120,61 €, representado por 551 títulos de 60,11 € cada un deles, que se reintegrará na súa totalidade nun prazo dun mes desde a data efectiva da baixa.

2. Aprobar a alta do socio José Luis Vázquez Álvarez, que achega ao capital social un importe de 33.120,61 €, representado por 551 títulos de 60,11 € cada un deles.

Como consecuencia da baixa e alta de socios, o capital social non varía, e queda distribuído de forma equitativa entre todos os socios:

José Castro Losada

551 títulos

33.120,60 € de capital social

Daniel Mourente Darriba

551 títulos

33.120,30 € de capital social

Cristóbal Rodríguez López

551 títulos

33.120,30 € de capital social

Yolanda Rodríguez López

551 títulos

33.120,30 € de capital social

José Luis Vázquez Álvarez

551 títulos

33.120,30 € de capital social

3. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Daniel Mourente Darriba, presidente; Cristóbal Rodríguez López, vicepresidente; Yolanda Rodríguez López, secretaria-tesoureira; José Castro Losada e José Luis Vázquez Álvarez, como vogais.

k) A sociedade agraria de transformación Marcos, SAT nº 963 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2012, que ratifica a do 25 de marzo de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redenominación do capital social que pasa a ser de 5.409,00 €, representado por 3 títulos de 1.803,00 € cada un deles, e deixando unha reserva indispoñible de 0,11 €.

2. Aprobar a alta do socio José Barreiro Míguez, quen achega un importe de 1.803,00 €, o que supón unha ampliación do capital social da sociedade.

Como consecuencia da alta deste socio, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Barreiro Mosquera

1 título

1.803,00 € de capital social

Marcos Barreiro Míguez

1 título

1.803,00 € de capital social

Erundina Míguez Crego

1 título

1.803,00 € de capital social

José Barreiro Míguez

1 título

1.803,00 € de capital social

3. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 7.212,00 € e estará representado por 4 títulos nominativos de 1.803,00 € cada un deles».

4. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que sexan catro os socios que constitúan a Xunta Reitora.

5. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Barreiro Mosquera, presidente; Marcos Barreiro Míguez, secretario; Erundina Míguez Crego e José Barreiro Míguez, como vogais.

l) A sociedade agraria de transformación Penedón, SAT nº 1376 XUGA, na asemblea xeral do 29 de abril de 2012, que ratifica a do 12 de marzo de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Manuel Pérez Braña, presidente; Ana María Lamas González, secretaria e María Braña Cadenas, como vogal.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, no cal se inclúen os períodos de renovación parcial con proporcionalidade de cargos.

m) A sociedade agraria de transformación Daviña, SAT nº 1166 XUGA, na asemblea xeral do 14 de febreiro de 2012, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria dos socios Nilo Yáñez Martínez e Teresa Vázquez Varela, que transmiten os 1.758 títulos que ten cada un deles aos novos socios Iván López Pérez e Pamela López Fernández. Esta transmisión de títulos non supón variación algunha no capital social da sociedade.

2. Aprobar a alta dos socios Iván López Pérez e Pamela López Fernández.

Como consecuencia da baixa e alta dos socios, o capital social non varía, e queda distribuído de forma equitativa entre todos os socios:

Samuel López Vázquez

1.758 títulos

105.655,80 € de capital social

Pamela López Fernández

1.758 títulos

105.655,80 € de capital social

Áurea Fernández Sindín

1.758 títulos

105.655,80 € de capital social

Iván López Fernández

1.758 títulos

105.655,80 € de capital social

3. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Samuel López Vázquez, presidente, Pamela López Fernández, secretaria; Iván López Fernández e Áurea Fernández Sindín, como vogais.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación A Valiña, SAT nº 1236 XUGA, segundo procedemento concursal nº 0001249/2009 do 24 de setembro de 2010, toma como acordos:

1. Declarar disolta a SAT e cesar nas súas funcións a Xunta Reitora, que será substituída pola administración concursal.

2. Iniciase a apertura da fase de liquidación.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria