Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 7 de xuño de 2012, da Xefatura Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación do trámite de audiencia no expediente sancionador (PESAN1 2011/000826-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica o trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

O interesado dispón dun prazo de quince días, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar ante a xefatura comarcal as alegacións que xulgue pertinentes.

O expediente atópase á disposición do interesado na citada Xefatura Comarcal de Pontevedra; r/ Fernández Ladreda, 43, 4ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2011/00826-5.

Denunciado: Manuel Santiago Sánchez Rúa.

DNI: 35280992G.

Enderezo: As Meáns, 33, Bueu (Pontevedra).

Pontevedra, 7 de xuño de 2012

José Luis Meijueiro Tilve
Xefe comarcal de Pontevedra