Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos de INEO-Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da Asemblea Xeral extraordinaria de INEO-Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación, onde se reflicte o acordo acadado o 10 de maio de 2012 e que consiste na modificación dos estatutos de dita asociación.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais