Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se publica a formalización dos contratos dos servizos de limpeza na Residencia de Maiores de Pontevedra e lavandaría na Residencia de Maiores Asistida de Vigo.

En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, publícase a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número de expedientes: dous.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/

2. Obxecto da contratación:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza e servizo de lavandaría.

c) CPV: non.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 218. do 15 de novembro de 2011.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Adxudicacións:

1º. Exped. nº 3/2012: limpeza na Residencia de Maiores en Pontevedra.

• Orzamento base de licitación: 149.524,00 euros, IVE: 26.914,32 euros, total: 176.438,32 euros.

• Adxudicatario: Limpiezas Compostela, S.L.

• Data de adxudicación: 19 de decembro de 2011.

• Data de formalización do contrato: 22 de decembro de 2011.

• Importe de adxudicación: 146.400,00 euros, IVE: 26.352,00 euros, total: 172.752,00 euros (2 anos).

2º. Exped. nº 4/2012: lavandaría na Residencia de Maiores Asistida de Vigo.

• Orzamento base de licitación: 165.200,00 euros, IVE: 29.736,00 euros, total: 194.936,00 euros.

• Adxudicatario: Juan Francisco Abalo Lubiáns.

• Data de adxudicación: 21 de decembro de 2011.

• Data de formalización do contrato: 23 de decembro de 2011.

• Importe de adxudicación: 158.983,05 euros, IVE: 28.616,95 euros, total: 187.600,00 euros (2 anos).

Nacionalidade: española.

Vigo, 4 de maio de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo