Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas procedencias de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 24 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio), relativos aos expedientes TR345B 2007/63-2 e TR345B 2007/135-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle aos interesados o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 29 de maio de 2012

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2007/63-2.

Nome: Marcos Laureda Díaz.

DNI/NIF: 44455451-Q.

Último enderezo coñecido: r/ Padre Severino Vega, 9, baixo esq., 27600 Sarria. Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamentou a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 24 de maio de 2007 pola que se esta-blecen as bases reguladoras do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR345B 2007/135-2.

Nome: Automotor Sarria, S.L.

DNI/NIF: B27333152.

Último enderezo coñecido: estr. com. 546, p.q. 21,750, Betote, 27617 Sarria. Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 24 de maio de 2007 pola que se esta-blecen as bases reguladoras do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.