Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a inscrición e o depósito no rexistro e se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Sindical de Bailarines, Maestros y Coreógrafos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Sindical de Bailarines, Maestros y Coreógrafos de Galicia, que ten o seguinte ámbito:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á dita asociación os profesionais da danza que desenvolven a súa actividade no ámbito territorial de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Beatriz Garrido López, Yolanda Pérez Silva e Silvana Sestelo Couñago.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais