Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 30 de maio de 2012 pola que se notifica o procedemento sobre restablecemento de tracto sucesivo en relación co predio número 8453, inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo, integrado dentro da área de rehabilitación do núcleo histórico de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia o procedemento do expediente sobre restablecemento de tracto sucesivo do predio número 8453, inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo e destinado á execución do Plan de rehabilitación de edificios dentro da área de rehabilitación do núcleo histórico de Lugo, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo é un organismo autónomo da Comunidade Autónoma de Galicia, con personalidade xurídica e patrimonio propios, que goza de autonomía administrativa e económica e de plena capacidade de obrar con instrumentos de dereito público e privado propios da súa natureza, para o cumprimento das súas finalidades, de conformidade co disposto na Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do devandito organismo autónomo.

De acordo co artigo 206 da Lei hipotecaria e co artigo 37.3º da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, o Estado, a provincia, o municipio e as corporacións de dereito público ou servizos organizados que formen parte da estrutura política daquel, cando carezan de título escrito de dominio público poderán inscribir o dos bens inmobles que lles pertenzan mediante a oportuna certificación expedida polo funcionario a cuxo cargo estea a administración destes, na cal se expresará o título de adquisición ou o modo en que foron adquiridos; certificación que será título válido para continuar o tracto sucesivo interrompido se non formulan oposición os titulares das inscricións contraditorias ou os seus habentes causa no prazo de trinta (30) días.

Entre os bens da titularidade do organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo, na provincia de Lugo, concello de Lugo figura o seguinte predio que a continuación se describe, como resulta dos seus documentos e inventario. O Instituto Galego da Vivenda e Solo carece de título escrito inscritible e o devandito predio está inscrito no Rexistro da Propiedade, ben que é preciso reiniciar o tracto sucesivo por estar interrompido:

1. Predio situado na rúa da Tinería, número 40 da cidade de Lugo; sinalada no plano do PEPRI de Lugo co nº UE-151203; referencia catastral 7431403PH1673A0001YS; composta dunha edificación de planta baixa, dous pisos e baixocuberta habitable. Ocupa a superficie de setenta e dous metros cadrados e estrema ao norte ou esquerda, saíndo, casa de Juan Folgar e herdeiros de José Carreira (hoxe propiedade do IGVS); polo sur ou dereita, saíndo, con outra dos herdeiros de Joaquín Acuña (hoxe propiedade do IGVS); polo oeste ou costas, coa praza do Curro (hoxe denominada Recanto do Miño) e polo leste ou fronte, coa rúa da Tinería.

Libre de cargas e arrendamentos.

Título: adquirido a Manuela, Josefa, José, Marina e Avelina Jul Vázquez, por escritura de compravenda outorgada o 14 de marzo de 2006 ante o notario de Lugo José Manuel López Cedrón, baixo o número 747 do seu protocolo, de cuxa escritura e documentación complementaria incorporada a esta resultan como persoas interesadas as seguintes: os titulares rexistrais, Blas Vigo Arias e Josefa López Darriba, así como os que deste puideren traer causa. A Administración titular do ben leva na posesión pacífica deste desde a data da escritura de adquisición antes mencionada.

Inscrición: figura inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo no tomo 370, libro 139, folio 236, predio nº 8.453, inscrición 2ª, a favor de Blas Vigo Arias e de Josefa López Darriba. A inscrición contraditoria ten máis de trinta anos de antigüidade e non sufriu alteración durante ese prazo.

Pola presente cédula convócanse as persoas, ás cales poida prexudicar a inscrición da certificación solicitada, para que no prazo dun mes formulen oposición e comparezan no expediente alegando o que ao seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo