Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, da subministración dunha libraría de cintas virtuais para o CPD corporativo da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 12/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: departamento de contratación.

c) Número de expediente: 12/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dunha libraría de cintas virtuais para o centro de proceso de datos corporativo da Xunta de Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de entrega da subministración obxecto do presente contrato será de 1 mes contado a partir da data de formalización do contrato, sen prexuízo da realización das actuacións derivadas da entrega, que se estenderán durante o prazo de garantía. Neste prazo os equipos que se subministrarán deberán estar instalados, configurados e postos en produción.

A entrega efectuarase no CPD indicado polo órgano de contratación, en Santiago de Compostela.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 190.000,00 €, máis 34.200,00 € que corresponden ao IVE (18%), o que supón un total de 224.200,00 € (douscentos vinte e catro mil douscentos euros). O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17651

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 h.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano (luns a sábado, das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil de contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia