Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24518

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4528/2008-CRS).

Cédula de notificación.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4528/2008-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 224/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos por Ramiro Luis Ouro Vázquez, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Granitos del Noroeste, S.A., sobre accidente, con data se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que desestimando o recurso de suplicación formulado pola letrada da Administración da Seguridade Social en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 23.5.2008, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol no procedemento número 281/2008, sobre enfermidade profesional, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte, Granitos del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, de que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións nos estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos del Noroeste, S.A., con último domicilio coñecido na estrada de Cedeira DM 1,5 Narón (A Coruña), expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de maio de 2012

O/a secretario/a xudicial