Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24511

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2012, do tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo para o ingreso na clase de inspector médico, relativo á realización en unidade de acto dos exercicios terceiro e cuarto do proceso selectivo convocado pola Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 149, do 5 de agosto).

A base sexta da Resolución do 27 de xullo de 2010 (DOG nº 149, do 5 de agosto), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, prevé no seu punto 3 a posibilidade de executar en unidade de acto varios exercicios. De conformidade coa mencionada base, o tribunal

RESOLVE:

Primeiro. Por razóns de índole organizativa, executar en unidade de acto os exercicios terceiro (supostos prácticos) e cuarto (lingua galega) da fase de oposición.

O cuarto exercicio deberán realizalo aqueles/as aspirantes que, tendo superado o segundo exercicio, figuren como non exentos na listaxe publicada en execución da Resolución do 8 de setembro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos (DOG nº 130, do 7 de xullo).

Segundo. A listaxe á que se fai referencia na presente resolución poderá ser consultada na páxina web do Servizo Galego de Saúde, e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos no número 3 da base oitava da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2012

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal