Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto multicriterio, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras para levar a cabo actuacións de mellora e acondicionamento no complexo de menores de Montealegre, Ourense, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Número de expediente: 44/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras para levar a cabo actuacións de mellora e acondicionamento no complexo de menores de Montealegre, Ourense, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón douscentos setenta mil euros (1.270.000,00 €), IVE incluído. Este importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80% (eixe 6; tema prioritario 79; medida 6.79) e nun 20% con Fondos de Compensación Interterritorial (FCI) e fondos da Comunidade Autónoma.

Anualidade 2012: 1.171.000,00 €.

Anualidade 2013: 99.000,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5% do orzamento base de licitación, IVE excluído (53.813,56 €).

6.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información de índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17555

O prego de prescricións técnicas (proxecto) que rexerá esta contratación estará á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas na copistaría Copy Nino, situada na rúa Feáns, 19, Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 9, categoría e.

Respecto ás empresas estranxeiras véxase cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación a presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores a proposta non será admitida á licitación.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña)

d) Data: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, o sétimo (7) día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

A apertura do sobre C terá lugar, en acto público, o décimo quinto (15) día hábil seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) No perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17555 publicarase o lugar e a hora do acto público de apertura dos sobres B e C, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar