Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Ourensana de Servicios Integrais, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Ourensana de Servicios Integrais, S. Coop. Galega, por cambio no seu artigo 4, actividade económica, que queda redactado como segue:

Artigo 4. Actividade económica

En canto ao obxecto social da cooperativa Ourensana de Servicios Integrais, S. Coop. Galega, establécese nos seguintes termos: servizos integrais de rozas forestais, servizos de xardinaría, servizos de limpezas en xeral, servizos vencellados á asistencia social e servizos de restauración, conservación e melloras de obras civís.

Ourense, 23 de maio de 2012

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense