Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle a interesada un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.
Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 22 de maio de 2012
Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR348A 2011/117-2.
Nome: Transportes Elías López Bouzas, S.L.
DNI/NIF: B-27415066.
Último enderezo coñecido: Alcalde Manuel Portela, 16, 3º H, 27003 Lugo.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro deste programa, por un período mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: punto 1 da base sétima do anexo A da orde de convocatoria.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.