Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2008/0643-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e o restablecemento da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada na Sección de Sancións do Servizo de Relacións Laborais, mediante fax, a comunicación da firmeza da sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Expediente: RL 2008/0643-4.

Acta nº: I362008000141243.

Empresa: Servicur, Servicios Auxiliares, S.L.

NIF: B15715865.

Enderezo: avda. Almeiras, 23, Culleredo.

Vigo, 28 de maio de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo