De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.
Pontevedra, 24 de maio de 2012
(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas
ANEXO
Expediente de construción: PO-91/504, conta 100.
Nomes: Enrique José Vidal Calviña, Emilia Pampillón Camiña.
Enderezo: polígono de Torneiros, IV fase, portal 10, 4º esquerda, O Porriño, Pontevedra.
Asunto: requirimento de pagamento.
Débeda: 17.289,15 €.