Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 20 de xuño de 2012 Páx. 24612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de información pública sobre a apertura dunha tenda de paxaros.

Miriam Modesta Fernández solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para a apertura dunha tenda de paxaros, que se situará na rúa Mollet del Vallés nº 2, baixo. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Padrón, 3 de maio de 2012

Antonio Fernández Angueira
Alcalde