Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2011/114-2, 7950 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: modificado de proxecto nova L.M.T.A. da subestación de Magazos L.M.T. Viveiro 3.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

– L.M.T.S. a 20 kV Viveiro 3, con orixe na subestación de Magazos e final nunha cela de liña proxectada no C.T.C. 14415 (Súper Claudio), cunha lonxitude de 2.742 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de liña proxectada no C.T.C. 14415 (Súper Claudio) e final nun empalme coa liña existente que alimenta o C.T. Adosados Paraíso, cunha lonxitude de 415 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

– Adecuación do C.T.C. 14415 (Súper Claudio), consistente na instalación de dúas celas de liña para a conexión das L.M.T. proxectadas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 25 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo