Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 5 de xuño de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución de sobresemento do expediente sancionador S-C-22.11, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que se relaciona no anexo a resolución de sobresemento do expediente sancionador por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada poderá examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural, da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-C-22.11.

Interesado: Ferpi, S.A. Transportes y Obras.

Último enderezo coñecido: Camino Real de Infesta, 1, baixo dta., 15300 Betanzos.

Feitos imputados: obras de canalización dun gasoduto en zona de protección do Camiño Inglés e no contorno do Castro de Montecelo.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.