Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 19 de xuño de 2012 Páx. 24085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 561/2011, interposto por Begoña Mejuto Val e Mercedes Pampín González.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 561/2011, interposto por Begoña Mejuto Val e Mercedes Pampín González, contra a Resolución do 17 de marzo de 2011, da Consellería de Facenda, pola que se inadmite o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 31 de xaneiro de 2011, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, por consolidación de emprego, no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2, que publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG nº 25, do 7 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública